O concello de Padrón prepara as festas para a Romaría do Santiaguiño do Monte

Desde o venres ata o día 26 de xullo, Padrón viste es suas mellores galas para celebrar a  Romaría do Santiaguiño do Monte,  con máis de 20 actividades que inclúen espectáculos de maxia e teatro infantil para os máis pequenos. 

As actividades  arrancarán este venres 19 ás 20:30 horas coa actuación de Perfect Strangers na rúa Longa e continuarán ás 22.00 horas na Praza de Macías co espectáculo de teatro musical “Carapuchiña vermella”, a cargo de Educateatro Producións. Tamén dentro do ciclo “Música a pé de rúa”, o rap de Proyecto Khimera pechará a programación do venres cunha actuación na rúa Longa desde ás 23:30 ata a 1:30 horas.

Petroni ENTRADAS

Sábado 20. Dentro do ciclo “Música a pé de rúa” actuarán Os Meninos de 13:30 a 15:00 horas no Paso do Espolón; Kings of the beach, de 23:00 a 00:30 horas, na rúa Herreros; e Múscul, de 00:30 a 2:00 horas, tamén na rúa Herreros.

Domingo 21. O estilo da música folk chegará á Praza do Castro de 13:00 a 14:30 horas con H2folk e, pola tarde, de 20:30 a 22:30, Dani Barreiro & Friendsinterpretarán versións de temas pop-rock.

luns 22. O público infantil e familiar poderá desfrutar con Uxía Lambona e a Banda Molona de 20:30 a 21:45 horas no parque infantil e ás 22:00 horas, co espectáculo de maxia e monicreques “Sin Salabín”, a cargo do Mago Javier Muro, na Praza de Macías. O martes, tamén para o público familiar, a Praza de Rodríguez Cobián acollerá o espectáculo “Puño puñete”, de Baobad Teatro.

Mércores 24. Tradicional Misa do Peregrino ás 13:00 horas na igrexa parroquial de Padrón e, ao remate, a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, recibirá o galardón “Padrón, Berce do Xacobeo” como terceira Peregrina de Honra, tras Pepe Domingo Castaño (2017) e Manuel Garrido (2018).

Haberá pasarrúas do grupo folclórico Rosalía de Castro precederán ao Derbi Asnal 2019, que comezará ás 20:30 horas. A continuación, Fondo de Vila acollerá ás 22:30 horas o concerto de Milladoiro, que presenta o seu disco “Atlántico” e ás 24:00 horas, o concerto de Mitic.

çA animación continuará na madrugada do día 25 co festival de música electrónica Santiaguiño do Monte OPEN AIR, que incluirá a partires das 4:00 horas unha sesión do Dj Darkrow e doutros Dj ́s que continuarán ata a sesión vermú, actuando ás 13:00 horas os grupos La pistola del manco e Pablo Balseiro. De xeito paralelo, ás 9:45 horas sairá a travesía de paddle surf desde a desembocadura do río Sar ata o Espolón, baixo a organización do Club Marea Surf School.

foto cova rey cintolo

çPara as 11:00 horas está prevista a subida en procesión ao Santiaguiño do Monte, contando con servizo de transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida, e ás 12:00 e as 13:00 horas oficiaranse unha misa solemne e a misa grande, respectivamente. Ás 13:30 horas prepararase unha gran sardiñada, co reparto gratuíto de sardiñas e pan de millo, e tralo xantar, ás 16:00 horas, darán comezo diferentes actividades lúdicas, cunha zona de xogos, unha festa da escuma, etc. A baixada en procesión desde o Santiaguiño do Monte está programada para as 20:00 horas.

O fotógrafo padronés Paco Costa foi o autor da fotografía que ilustra o cartel das festas.

 

Comienza la cuarta edición del Campus “Inglés en mi entorno” en el Aula de la UNED en Portas

Desde ayer hasta el 19 de julio, los participantes gozarán de una enorme variedad de actividades lúdicas y educativas en inglés, puesto que con este campamento se pretende realizar una profundización en el conocimiento de las habilidades comunicativas en una segunda lengua de forma divertida y motivadora con el fin de que los alumnos desenvuelvan sus conocimientos en la lengua inglesa. Leer más

Horacio Gil, alcalde de Arbo, participa en las marchas de “San Xoán de Melgaço”

Las marchas de Xan Xoán, evento tradicional del país vecino Portugal,  conto con un homenaje de la Santa Casa da Misericórdia de Melgaço al Concello de Arbo, “a nuestros hermanos de Arbo”. Un acto con la misma finalidad que tenían y tienen las fiestas en honor a la “Virxe do Libramento” en Arbo, que contribuyen a mantener vivas las tradiciones. Leer más

1 2 3