Estrella Galicia lanza una edición especial que rinde homenaje a las Islas Cíes

La cervecera lanza una edición especial de botellas que lucen en sus etiquetas un idílico atardecer en estas islas con el objetivo de promocionar este paraje único de gran riqueza natural. Estrella Galicia ha envasado en torno a 20 millones de botellas con esta imagen que estarán disponibles en el canal hostelería a nivel nacional, en formatos de 20 y 33 cl. hasta fin de existencias Leer más

O gastronomía luguesa reivindícase no Camiño de Santiago

Medio cento de establecementos da provincia participan nas xornadas gastronómicas en torno ao Camiño de Santiago que se desenvolverán dende mañá e ata o 9 de febreiro, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de  Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) e financiadas pola Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”.

En concreto, a Consellería de Cultura e Turismo destina 16.500 euros á iniciativa “… E para comer, Lugo” no Camiño, que hoxe presentaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da APEHL, Cheché Real, e María Castro, técnico de proxectos da entidade.

Durante as vindeiras semanas, os 50 establecementos adheridos ao programa servirán tapas, racións, pratos ou menús con receitas tradicionais da gastronomía lucense moi apreciadas polos peregrinos, como bertóns recheos, caldo galego, sopa de cabaza, caldo de castañas, empanadas, polbo, lamprea, lacón con grelos ou filloas. Os restaurantes están espallados por 23 concellos da provincia, practicamente todos transitados polas rutas Xacobeas (Camiños Francés, Norte, Primitivo ou de Inverno).

Ademais, o día 8 de febreiro celebrarase en Lugo un congreso sobre a cultura gastronómica dos Camiños que contará con destacados profesionais. Incluirá catas de cafés e de viños, demostración e elaboración de receitas, un obradoiro de cociña para nenos ou unha charla a cargo de David de Jorge, cociñeiro e xornalista, coñecido como Robin Food e  autor de varios libros gastronómicos e blogs sobre a materia. Terá lugar no MIHL e poden consultarse os detalles así como información sobre a reserva de prazas para as distintas actividades na páxina web da APEHL.

José Manuel Balseiro puxo este proxecto dos hostaleiros lucenses como exemplo do tipo de eventos que a Xunta quere promover mediante O teu Xacobeo, ao ser unha proposta “que pon o acento nun aspecto fundamental do noso patrimonio inmaterial, como é a gastronomía, na que se implican os axentes sociais e económicos, e que se estende polo territorio”.

O delegado lembrou que a primeira convocatoria deste programa permitiu impulsar na provincia 52 iniciativas -entre as que se conta esta da APEHL- cun investimento conxunto na provincia de 531.000 euros, e explicou que xa está en marcha a segunda edición co fin de “definir un contido cultural desde unha perspectiva ampla, multidisciplinar, plural e diversa, do que poidan disfrutar todos os galegos e galegas como antesala ao Xacobeo 2021”.

Francisco Javier Rosas Fernández, jefe de cocina en O Afiador Santiago de Compostela, uno de los 6 finalistas del VII Concurso de Bocadillos de Autor

Francisco Javier Rosas Fernández, jefe de cocina en O Afiador Santiago de Compostela, ha llevado su Bocata De Celeiro, con el que participó en la edición de Santiago (é)Tapas 2019 a la final del VII Concurso de Bocadillos de Autor, que se celebrará este lunes 13 de enero, a las 14:45 horas, como parte del programa del congreso Madrid Fusión 2020, la gran cita anual en el mundo de la gastronomía. Leer más

1 2 3 20