Fomento anula, a petición de la CETM, los tiempos de conducción y descanso durante los bloqueos en Cataluña

El Ministerio de Fomento ha publicado en el BOE la Resolución 29/10/2019, por la que se establece que, se excluyen temporalmente los tiempos de conducción y descanso en los transportes de mercancías y viajeros por carretera a las operaciones que hayan tenido lugar en Cataluña entre el 14 y el 20 de octubre, días en los que no dejaron de vivirse cortes y bloqueos de carreteras. Leer más

CCOO rexeita a rescisión do contrato con Unitono-Ourense por parte de Naturgy

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia rexeita a rescisión do contrato con Unitono-Ourense por parte de Naturgy, que se producirá a partir do 15 de novembro. Desde comezos de ano, o sindicato viña denunciando a política de deslocalizacións da compañía enerxética, reducindo carga de traballo nos centros de chamadas da Coruña e de Ourense. Leer más

A @galizaCIG presenta por vez primeira candidatura en FINSA e gaña as eleccións ao ser a máis votada

Este xoves celebráronse as eleccións sindicais na empresa madeireira de Santiago FINSA, na que a CIG conseguiu presentar candidatura por vez primeira e ser a máis votada. A central sindical obtivo, no Colexio de Especialistas 164 votos e 5 delegados/as; USO 161 votos e 5 delegados/as; UGT 136 e 4 delegados/as e CCOO 84 votos e 3 delegados/as. Porén no Colexio de Técnicos só se presentou unha candidatura independente baixo o nome de Grupo de Traballadores, que obtivo 147 votos e os 6 delegados/as que se escollían. Leer más

O Parlamento Galego esixe ao Goberno central un cambio na súa política enerxética para garantir a continuidade da central térmica das Pontes

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co Grupo Socialista, a través da que se esixe ao Goberno Central que rectifique a súa política enerxética e tome as medidas necesarias que permitan garantir o funcionamento da central térmica das Pontes de García Rodríguez o tempo necesario para acadar unha alternativa viable, así como que proceda á negociación urxente dun convenio de colaboración para a posta en marcha da Estratexia de Transición Xusta en Galicia, como xa está a facer na maioría das comunidades autónomas, e que inclúa a Galicia nas axudas europeas para as zonas mineiras afectadas pola transición enerxética Leer más

1 2 3 4 5 28