Extrema podredume. Por @DulceCorcu

Dúas mozas menores de idade, namoradas, ou polo menos sentíndose atraídas unha pola outra, nun parque de Carballo tan felices, desfrutando da mutua compaña e bicándose con agarimo. Nada fóra do normal nos tempos que vivimos, ou iso daría en pensar calquera cun mínimo sentido común, mais non sempre é así, porque esas dúas mozas, só polo feito de compartir ese amor por alguén do seu mesmo sexo, recibiron unha malleira que as deixou magoadas e con varias lesións que requeriron atención médica. 

Leer más

Carta a 21noticias. RC Deportivo. Somos conscientes da situación que atravesa o clube?

Manuel Fernández García

Socio nº 11.196 do Real Clube Deportivo de A Coruña

 Tralo visto neste tramo de tempada, a xente que pense que o obxectivo é o playoff, está moi equivocada. O equipo da bandazos por todas partes dando espectáculos bochornosos alá a onde vaia e impacientando a unha gran afección que sempre está nas boas e nas malas pero xa non aguanta a vergoña que estamos a vivir. Moita xente apunta a diana a Carmelo Del Pozo, pero, quen foi o responsable de que el esté no clube? Por que ten certas potestades que deberían ser única e exclusivamente do presidente? Un cúmulo de preguntas que tanto a min como a moitos deportivistas nos gustaría ter resposta. Leer más

Ollada á Terra Cha. Por Xosé Edrosa Leal 

Gonzalo Soto. Onte  dende 21 NOTICIAS  dábamos a coñecer  a nova  de que unha comisión de afectados pola mina de Touro, entre os que figuraba tamén un representante das asociacións veciñais que se opoñen ao proxecto mineiro de Erimsa na Terra Cha luguesa, visitaban o   Parlamento Europeo ao obxecto de poñer en coñecemento desta institución os graves efectos que causarían algúns dos proxectos que se pretenden levar a termo na Comunidade Autónoma Galega, entre eles os citados. Un asunto que está en plena actualidade, ao que este xornal  lle está a conceder a importancia do que é merecente, xa que está en xogo o noso patrimonio natural, principal atractivo identitario desta terra  e,  por enriba, cómpre ter en conta que este tipo de proxectos achegan a este país máis pobreza que riqueza. Leer más

RC Deportivo: Nada

DEPOR LEAKS

En 1945 la escritora barcelonesa Carmen Laforet publicó la novela NADA. Fue premio Nadal ese mismo año, y dio lugar a un filme del mismo nombre. El argumento describe la realidad social de una vivienda de la época, marcada por la violencia y la miseria de la postguerra española, en contraste con la esperanza que se percibía desde otros ambientes externos. En todo momento, utiliza un estilo impresionista, para sumergir al lector en los sentimientos de la protagonista ante la nueva vida que se le presenta. Leer más

1 2 3 4 76