Galiza “curvy” Por Xabier González, 2019 @xabiergzalez

Son un socionauta, un navegante social con case todas as carreiras e masters que regala o actuar, ser e existir, como unha máquina de movemento continuo na tarefa de escanciar, sen pausa nin tregoa, o pouco que custa aquilo que de verdade paga a pena.
A idea de vivir nunha sociedade perfecta desacougame. Imaxinarme unha Galicia sen mácula levaríame a agonizar de sobredose e, sen ningunha dúbida, verme abducido cara ás entranas dun mundo fresita e aterciopeladamente de encaixe de palillos -tan celestial como os que crean en Camariñas-, sería como viaxar sen boleta de volta ao Inferno de Dante ou verme condeado a contemplar eternamente, xunto a Felipe II, o Xardín das Delicias.
Gústame o “curvy”, fascíname, altera a miña aura védica porque se afasta do divino exercendo devoción polo humano e polas naturais contradicións coa que nos agasalla a vida. Así que non me rifen se decraro formalmente que todo o demais antóllanseme fatuas idealidades construídas -ou a medio construír- que forman parte inevitable do sufocante imaxinario social, que nos enche de eufemismos disfrazados de valores para que @s acomplexad@s sentanse como en casa ao estar de tronda con Nós.
E é que, na miña realidade voluptuosa, resúltame fácil recoñecer o pobres que nos están facendo aqueles que xa nin sequera se conforman con ser moi ricos. Non, non me custa nada visualizar o “porvir que está por vir” aínda que xa estea a suceder sen darnos conta; ese que se impuxo a misión de atropelarnos até levarnos, dando as grazas e a pinotes de alegría, ao conformismo dos pailáns que non son nin se lles espera, que non pintan nada e que morren sen coñecer a razón pola que viviron, mercando cadeas consumistas e pedindo cretos.
Os trasnoitados conceptos verticais, moi propios do corpus doctrinario das “políticas”, son a maior estafa que o mundo viu e a mellor representación dunha sociedade cuxo dereito a respirar está tan burocráticamente regulado que ten que comprar “Ventolín” no mercado negro para vivir ese día máis que sempre é un día menos.
Verticais son as esmolas e liberdades concedidas que se venden coma se fosen logros extraordinarios; como o é que todos traballemos con contratos precarios mentres damos as grazas por ter traballo, ou que se vexa normal monetizar a riqueza que había nos nosos montes para que medren e multiplíquense os depósitos dos usureros da Banca, ou que  paguen conxuntamente máis impostos os autónomos e PEMES que os do IBEX 35, ou que a economía social oriéntese a manter a pobreza sen preocuparse de criar riqueza, e tamén que o barco sanitario derive cara á beneficencia ou que pensións de 500 € estean sempre en perigo de extinción mentres hai fondos multimillonarios a esgalla para gastos militares ou para manter garitos de moito ruído e poucas noces. Vertical é dicir que un é progresista ou conservador e mesmo liberal ou de centro, como o é consentir a verticalidad nas formacións políticas ou sindicais e non adscritas que converten cada proceso electoral no que participan nunha ameaza de ERE que teñen que evitar custe o que custe.
Como dixen antes, gústame o “curvy” porque ten espírito delituoso e, sen complexos, rompe esquemas e moldes que, ao parvo e simpáticamente, nos escravizan. E gústame porque é tan transversal como a EtnoGastronomía de Galicia, porque non esixe “dietas de bikini”, nin Botox nin tuneados de raios UVA nin “Bella Aurora”. Á fin e ao cabo medrei á carón da culler de aceite de bacallau e cunha avoa que estaba absolutamente segura de que todo o escuálido non era síntoma de saúde.
Nin que dicir ten que enmeigame o “curvy” na teoría e a praxe política, porque o tempo do absolutismo das maiorías absolutas -e das teoloxías ideolóxicas de predicadores e taumaturgos- xa é pretérito imperfecto e chega ese “porvir por vir” da “xeira curvy”, na que a diverxencia sexa o Xacobeo idóneo para acadar acordos, positivar a representatividade democrática e alcanzar maior eficacia operativa.
Claro que “curvy” non pode ser calquera. A obesidade mórbida está sempre axexando nas praxes e teorías sociais, culturais, empresariais e políticas; por iso convén non confundirse e, pensando que se fai política transversal da boa, practicar o canibalismo no canto de sumar multiplicando, ou comer hamburguesas no canto de chuletons, callos ou cocido madrileño no canto de cocido ou callos Galegos, Polbo á Galega e Pan Galego en Benidorm no canto de polbo no Carballiño e Pantrigo de Cea… que na Nación de “aquí” sabemos o que queremos aínda que, de cando en vez, pareza que comulguemos con rodas de muíño.
Xa sei que ao sistema e aos seus beatos e beatas gústalles máis que unámonos á súa moda españolísima, cantando a Rianxeira sentados en mesas con dúas botellas de Rioxa e no meio unha de Xerez –polo da cor amarela- e rodeados de chourizos con ou sen denominación de orixe.
Que o “Petit Prince” de Saint-Exupéry convértase en Rei e cabalgue a lombos do “Platero” de Juan Ramón parécenos unha marca moi vendible da España en singular que se pon a “As Españas” por monteira. Pero estamos aquí para dicirlle que non, que temos outra visión máis “curvy” e leal do que as Galicias -Española e Portuguesa- son merecentes e empezamos a pensar que é xusto o momento de “espertar o ferro”. Leer más

¿Se está generando en el RC Deportivo una segunda “mochila”?

Los cimientos de una parte del deportivismo temblaron esta mañana al leer o escuchar lo que dijo en la rueda de prensa el director deportivo Carmelo del Pozo, cuando de manera subrepticia, echó la culpa a Constantino de la situación económica, que no permite pagar por traspasos de jugadores para conformar la plantilla del RC Deportivo. Carmelo es especialista en milongas para arengar a las aficionados de los equipos y sobre todo, un escapista a la hora de eludir responsabilidades, echando la culpa a quien no está. Leer más

Cadernos da viaxe. Espionaxe no Ministerio. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Josep Borrell ten unha traxectoria controvertida, como político e como cidadán. Tivo que demitir como candidato do PSOE ao goberno do Estado no 1999 por mor da súa culpa in eligendo e grande proximidade persoal a respecto do corrupto Josep María Huguet (inspector-xefe da facenda estatal en Catalunya canda Borrell secretario de estado de facenda), condenado a case sete anos de cárcere por varios importantes subornos. No 2012 tivo de demitir como director do Instituto Universitario Europeo da inmortal Firence ao se descobrir que percebía 300.000 €/ano como conselleiro de Abengoa, retribución incompatíbel co aquel seu cargo. En novembro de 2018 foi sancionado pola Comisión do Mercado de Valores (CNMV) con 30.000 € de multa (sanción definitiva, ao non a recorrer xudicialmente en tempo) por usar información privilexiada cando vendeu accións da súa antiga dona antes da perda de valor da enerxética andaluza. Leer más

1 28 29 30 31 32 76