Vivamos coma galegos (sen complexos). Por @DulceCorcu

Estamos afeitos xa a que por estas datas apareza o anuncio dunha cadea de supermercados coma preludio ao turrón e as almibaradas esceas familiares típicas do Nadal, e diso máis ou menos compónse o anuncio: xente feliz que descobre de pronto que o de ser galego ou galega éche algo extraordinario, que resulta que contamos cunha Cultura propia, unhas paisaxes idílicas, unha gastronomía de arrobas Michelín e ata unha língua que ás veces falan ao unísono grandes e pequenos. O que xa non se ve na vida real, vaia. 

Leer más

Xacobeo 2021 a ceo aberto

Camiño de Santiago ou mina a ceo aberto? Esta é a pregunta que debería estar formulándose neste momento o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feixóo. O informe da organización encargada de propoñer os bens patrimonio da humanidade, ICOMOS, revela que o proxecto da mina de Touro danaría gravemente o camiño francés. Leer más

La populista propuesta de revolución fiscal de Pablo Casado. Por Diego Fierro Rodríguez

El artículo 31 de la Constitución establece que “Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio” y que “El gasto público realizará una asignación equitativa de los recursos públicos, y su programación y ejecución responderán a los criterios de eficiencia y economía”. Este precepto es claro en cuanto a la finalidad, pero no resuelve los debates que siempre se generan sobre los mecanismos por los que se debe proceder con la recaudación y permite que se presenten proyectos mal planteados. Leer más

Brexit, recuperación da esencia da guerra do bonito. Por @PiDocampo

Teño gravada unha imaxe de 1994 unha enorme flota, a do cantábrico do bonito, dirixíndose á bocana do porto de Burela e cando menos 4 fragatas esperando para prohibir o paso, por orde do goberno de Felipe González. Foi a acción das flotas enfocada á defensa do seu modelo de pesquería fronte a unha devastadora potencia pesqueira que era Francia coas súas redes peláxicas que para nada eran selectivas. Naquel entón tódalas flotas do cantábrico xuntáronse na defensa dos eu modelo de vida e no dos seus pobos: galegos, vascos, asturianos e cántabros, petaron na porta da Unión Europea nun acto declarado por aquel goberno de piratería, o abordaxe e secuestro do boniteiro francés La Grabielle. Unha medida de forza que serviu para dar lóxica e valor engadido a forma de pesca tradicional do Bonito do Norte e tamén para que Europa tomase medidas de protección. Leer más

Operación Sabela. Por @DulceCorcu

Non é a primeira, pero quizais sí a que con máis naturalidade emprega a língua galega aínda atopándose lonxe de Galicia. Sabela, esa rapaza das Pontes concursante dun “talent show” nunha televisión estatal, ten encandilada a parte da audiencia e a boa parte do noso país, tan acostumado ao desleixo cultural e lingüístico sen necesidade sequera de ter saído das nosas fronteiras. É por iso que Sabela, seguramente sen pretendelo, estase a converter na mellor campaña a prol do galego e da autoestima. Non pasa nada por ser galegofalante, porque che escoiten fóra dos muros da túa casa, porque llo fales ós cativos ou no teu posto de traballo. É o teu idioma. É para iso, para darlle uso.

Leer más

1 29 30 31 32 33 40