Gangs of Torrelodones. Por @DulceCorcu

Martin Scorsese se fose español tería servida unha película de pandilleiros, delincuentes e corruptos políticos parecida a que reflicte na protagonizada polo espléndido Daniel Day-Lewis. Gangs of New York retrata unha época onde o poder sempre se abría paso coma fose, sen escrúpulos nin, por suposto, respectar aos contrincantes nin someterse aos ditados de outras leises que non fosen as ditadas por eles mesmos. Torrelodones non é América, pero ben podería ser Sicilia, porque certa política que se vén practicando en España e, incluso, certa xustiza que se vén impartindo, adoitan as mesmas formas do que viamos nas películas de Scorsese. 

Leer más

O curioso incidente de Amancio Ortega e o seu can. Por @DulceCorcu

No celebradísimo “O curioso incidente do can a medianoite” de Mark Haddon, Christopher é un neno con síndrome de Asperger que se ve envolto por casualidade na turbia morte do can dunha viciña e decide, para limpar o seu nome, investigar o vil asasinato pola súa conta e, por tanto, ten que facer cousas ás que non está afeito, coma relacionarse coa xente que o rodea, o entorno máis próximo que ve habitualmente pero que nunca tiña tratado. Amancio Ortega vén de ser nova de alcance tamén por un asunto canino que, ao igual que no caso do pequeno Christopher, repercute no seu bo nome. Un xornal recolle en grandes titulares que o mago galego das finanzas tivo un xesto tan común e corrente coma o de agacharse para recoller as deposicións do seu animaliño en plena Zona Vella coruñesa. Imaxínense, chea de estupefactos turistas e autóctonos que non daban feito a darse codazos entre eles de puro asombro por ter visto a Amancio Ortega exercer de mortal. De home de barrio, coma un proletario calquera cunha pensión de seiscentos euros que mata a soidade paseando a ese canciño que tanta compaña lle fai e ao que trata coma un fillo. Ou mellor, que sempre soen ser menos desagradecidos e non te botan nunha residencia despois de asegurarse de que o piso xa está ao seu nome.

Leer más