Cadernos da viaxe. O CERNE DO SISTEMA PARLAMENTARIO. Por Xoán Antón Pérez-Lema

 

Semella incríbel que haxa que lembrar, ao xeito das profesoras e mestres, que nun sistema parlamentario goberna a maioría absoluta dos deputados e non a minoría maioritaria, a candidatura máis votada sen maioría abondo. Na falta dunha maioría absoluta será normalmente esa candidatura máis votada á que habería percurar un acordo estábel con outras forzas, mais esa maioría pode vir do pacto entre o segundo, terceiro e quinto máis votado. A ladaíña de que goberne a candidatura máis votada é  un argumento do guieiro da dereita española que lles aprenden cando son cativos, conscientes da súa xenética incapacidade de chegar a acordos estábeis con outras forzas por mor do seu xorne autoritario.  Leer más

Cadernos da viaxe – Ao César o que lle pertence

Obxectivamente non hai quen poida negar o grandísimo traballo desenvolvido por moitas entidades e persoeiros católicos a prol da paz, da integración social e dun mundo mellor. Velaí os casos de Caritas, Mans Unidas ou Proxecto Home, da loita contra as minas antipersoas  do bispo xesuita Kike Figaredo en Cambodia ou do labor silente do salesiano galego José Antonio San Martín na recuperación para a sociedade de ducias de rapaces e rapazas antes encadrados nas guerrillas colombianas Leer más